17 may 2012

Día das Letras

Hoxe, 17 de maio, celebramos o día das Letras Galegas paseando polas rúas de Santiago e aplaudindo aos numerosos grupos de baile que deleitaban cos seus cantares e danzas aos públicos que esperabamos polas prazas da zona vella. Emocionante e impresionantes as vestimentas de homes e mulleres; preciosas! Vera disfrutou moito da xornada, que rematou na feira sita na Alameda, por mor das Festas da Ascensión... É que este mes temos un pouco de todo... E como tal, vouvos falar de varias cousas...

Comezamos o mes coa festividade do día da nai; algo comercial o tema actualmente inda que Vera e Pol sacáronlle partido á cámara de video na casa e prepararon unha película de 5 minutiños preciosa. Chorei coma unha nena vendo o resultado. Podo ensinarvos o debuxo da carátula do CD que me fixo Vera. Unha marabilla!


















O 15 tivemos a inauguración de A Nave de Vidán, un local de Compostela ó que ekinocio fíxolle a imaxe corporativa e algúns elementos gráficos da decoración interior. A verdade é que o resultado gustou moito aos asistentes e nós quedamos ben contentas coas críticas... Foi un momento agradable para nós e por iso fixemos captura do mesmo. Quédanos ben, verdade? Temos que ir un día tomar algo porque a comida promete...


















Do día tan femoso que ficou fixen tamén unha instantánea que me transmitía certa tranquilidade, relaxación e descanso. Se cadra o que sentimos cando rematamos un traballo longo e intenso. O ir e vir das follas destas árbores a carón da Nave de Vidán... Murmurio...


















Como xa vos comentei, hoxe celebrouse o día das Letras Galegas. A DAG xunto coa RAG e a colaboración de entidades e asociacións relacionadas co mundo editorial, da comunicación e da literatura, conmemoraron os 50 anos das Letras cun homenaxe aos autores do pasado mediante a edición de 50. Eu participei como membra da DAG e tiven que deseñar algo para Florentino López Cuevillas, Letras Galegas no ano 1968. Foi unha experiencia moi bonita, participar disto e pensar idear algo representativo desta grande figura loitadora pola lingua e a Galicia que hoxe pisamos. Este é o meu cartel, pero se queredes ver os 50 carteis que existen, este é o link onde están colgados en PDF.


















Xa para rematar, quería mostrarvos os experimentos que Vera e máis eu estamos a facer: selos de goma. De momento estamos probando con letras e formas sinxelas mais cando teña o kit completo, faremos cousas chulas e lindas para decorar papeis, agasallos, etc. Hai tantas cousas por aí que me/nos chaman a atención... Temos que mercar tamén tintas de diferentes cores, cintas adhesivas chinas (son a bomba) e un cortador máis preciso... Todo chegará... Que ben que nos gustan ás dúas as mesmas cousas...